Israel, pobo de

Israel, pobo de

Pobo protagonista da historia bíblica. Segundo a tradición da Xénese, os antepasados de Israel foron os patriarcas hebreos Abrahán, Isaac e Xacob e os doce fillos deste último foron os proxenitores das doce tribos do pobo. Segundo a crítica histórico-literaria e a arqueoloxía, os antepasados deste pobo eran pastores seminómades de orixe amorreo que emigraron a Canaán cara ao s XVIII a C. Desde alí instaláronse en Exipto. Desterrados, regresaron a Canaán a través do Sinaí, onde a tradición do Éxodo sitúa unha primeira alianza relixiosa das tribos, baixo o lexislador, Moisés. As tribos de Israel desde ese momento convertéronse no pobo de Iavé. En Siquen, os grupos chegados de Exipto e os que non se moveran do país establecen unha alianza baixo a autoridade de Xosué. Desde entón Israel é o “pobo de Israel ” e constituíu o elemento máis importante dentro da poboación do país, capaz de resistir as invaxións dos filisteos (s XII a C). A presión filistea, sen embargo, demandaba máis unión e o pobo esixía un rei. A elección de Saúl e a subseguinte consagración de David manifestan xa a tensión que sempre existiu entre as dúas tribos do N e as dúas do S (Xudá e Benxamín). Soamente coa conquista de Xerusalén por parte de David, a monarquía israelita deulle a Israel unha estabilidade política que lle permitiu unha grande expansión territorial. Co cisma de Xeroboam, o país dividido en dúas monarquías, o Reino de Israel e o de Xudá, quedou á vontade da codicia forasteira. Israel caeu en 779 baixo Asiria e Xudá en 587 baixo Babilonia. Deportados máis alá do Tigris ou refuxiados en Exipto, o pobo de Israel ten a dispersión como destino. Con todo, a caída de Babilonia sobre Cir (539    a C) e o decreto de repatriación dos deportados significarían o inicio dun restablecemento nacional e relixioso. No Imperio Persa, as misións de Esdres e de Nehemies permitiron a reestruturación social e relixiosa do pobo, que comezou a denominarse xudeu. Coa conquista de Alexandre o Grande (332 a C) o país pasou á dominación dos ptolomeos e despois á dos seléucidas (200-198 a C), ata o alzamento dos macabeos (160 a C). De aquí saíu a dinastía dos sacerdotes asmoneos. Roma interveu dunha maneira decisiva, sobre todo a partir da toma de Xerusalén por Pompeio (63 a C). Coa morte de Herodes o Grande, Xesús Cristo xa nacera. Con Xesús de Nazaret nace o cristianismo e a Igrexa, que foi proclamada o verdadeiro pobo de Deus. Por outro lado, o pobo de Israel sobreviviu nos xudeus, diseminado polo mundo adiante a partir da diáspora.

Palabras veciñas

Israel | Israel | Israel ben Eliezer | Israel, pobo de | Israel, Reino de | Israel, Reino de | israelí