Isunza, Juan de

Isunza, Juan de

Xurista lucense. Estudiou na Universidad de Valladolid, onde recibiu as ordes sagradas. Licenciado e doutor en Leis e Teoloxía, foi designado capelán de Carlos I (1548), e gañou a cátedra nesta universidade (1549) da que tamén foi reitor (1554-1558). Viaxou a Flandres como xuíz da capela real do emperador e á súa volta foi nomeado oidor da Audiencia de Valladolid. Foi designado xuíz especial polo Santo Oficio na causa contra Bartolomé Carranza, arcebispo de Toledo (1560), e posteriormente, Filipe II nomeouno conselleiro de Indias (1567).