Ítaca
Ítaca
Illa grega do Mar Xónico, no nomós de Leucade, no L de Cefalonia (98 km2; 8.800 h [1980]). A capital é Ítaca (4.000 h [estim 2001]). Ten cultivos de viña e oliveiras. Identifícase coa patria de Ulises, motivo polo que foi obxecto de buscas arqueolóxicas tendentes a verificar os datos proporcionados pola Odisea.