itálico -ca

itálico -ca

(< lat Italĭcu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á Italia antiga.

  2. adx [FILOS]

    Aplícase á escola filosófica de Pitágoras, establecida no S da Península Itálica.

  3. s [HIST]

    Habitante da Italia centro meridional, na Angüidade, agás os habitantes de Puglia, os etruscos e os italiotas.

  4. adx [LING]

    Aplícase ás linguas faladas en Italia antes da conquista total do país por Roma. Este grupo comprendía, á súa vez, dous subgrupos: o oscoumbro e o latinofalisco. O primeiro estaba formado polo osco e polo umbro, xa desaparecidos, e o segundo, polo latín, que só se conserva como lingua oficial na Igrexa Católica, e o falisco tamén desaparecido. Durante os ss V e IV a C, os máis importantes foron o latín, o osco e o umbro.

  5. dereito itálico [DER]

    Conxunto de privilexios outorgados ás cidades e colonias romanas situadas fóra de Italia.

  6. letra itálica [GRÁF]
    1. Tipo de letra romana inclinada, gravada por Griffi na edición de Virxilio de Aldo Manuzio (1501). Recibe tamén o nome de cursiva, chanceleresca ou aldina.

    2. Nome que se dá a calquera letra inclinada.