Itálica

Itálica

Antiga cidade da Bética situada a dereita do Guadalquivir, na provincia de Sevilla. Fundada por Publio Cornelio Escipión Africano en 206 a C, foi a cidade natal de Traxano, Adriano e Teodosio. As escavacións descubriron importantes monumentos. Declarada Ben de Interese Cultural en 1962, declarouse o contorno de protección arqueolóxica en 2001.