Itero del Castillo
Itero del Castillo
Municipio da provincia de Burgos, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga, no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (121 h [2001]). O Puente Fitero comunícao con Itero de la Vega (Palencia). Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de San Nicolás, que pertenceu a un hospital do s XIII, e a torre do s XIV, de planta cadrada e sen ameas.