Kalocsay, Kálmán

Kalocsay, Kálmán

Médico, poeta e gramático húngaro. Cultivou a literatura en esperanto; os seus poemas orixinais aparecen, sobre todo, nas coleccións Stre cita Kordo (Corda tensa, 1931), Rimportretoj (Retratos en rima, 1931) e Ezopa Sa go (Sabedoría de Esopo, 1956). É autor de versións en verso de Baudelaire, Dante, Goethe, Heine, Shakespeare e dos escritores húngaros Madách e Petöfi, entre outros. Como ensaísta e gramático, cómpre salientar Lingvo stilo formo (Lingua, estilo, forma, 1931), Parnasa gvidlibro (Guía ao Parnaso, 1932) e Plena Gramatiko de Esperanto (1935); as dúas últimas en colaboración co profesor francés Gaston Waringhien.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Abaujszántó

  • Deceso

    Lugar : Budapest