Kalogeropoulou, Cecilia Sophia Anna Maria

Kalogeropoulou, Cecilia Sophia Anna Maria

Soprano. Coñecida como Maria Callas, foi discípula de Elvira de Hidalgo en Atenas. En 1947 comezou en Verona a súa carreira internacional interpretando La Gioconda, de Ponchielli. A súa voz, dunha grande extensión, xunto coa expresividade de que era capaz e o seu talento como actriz dramática, convertérona na diva indiscutible da ópera mundial durante a década de 1950. Retirada no ano 1965, por razóns persoais, volveu facer recitais con G. Di Stefano durante os anos 1973-1974, despois dos que se retirou definitivamente.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso

    Lugar : París