Kaminker, Simone Henriette

Kaminker, Simone Henriette

Actriz cinematográfica francesa. Coñecida como Simone Signoret, as súas interpretacións caracterizábanse por unha forte intensidade dramática. Entre os seus filmes cómpre destacar Casque d’or (1952), Les diaboliques (1954), Les sorcières de Salem (1956), Room at the Top (1958, premio de Cannes e Oscar á mellor actriz), Ship of Fools (1964), Paris brûle-t-il? (1966), La vie devan soi (1976) ou Chère inconnue (1979). Escribiu a novela Adieu Volodia (1985).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Wiesbaden, Hessen

  • Deceso

    Lugar : Autheuil, Normandie