Kapica, P’otr Leonidovič

Kapica, P’otr Leonidovič

Físico ruso. Estudiou no Instituto Politécnico de Petrogrado (San Petersburgo) e na Universidade de Cambridge. Traballou xunto con Rutherford na Universidade de Cambridge e foi director do Instituto Vavilov de Problemas Físicos de Moscova. Espacializóuse no estudo das temperaturas baixas e construíu un aparato para obter helio líquido. Tamén participou no programa espacial soviético e investigou sobre a fusión nuclear. Entre as súas obras destaca Experiment, theory, practice (Experimentos, teoría, práctica, 1980). En 1978 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con Arno Penzais e Robert Wilson, polos seus traballos na física de baixas temperaturas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Kronshtadt

  • Deceso

    Lugar : Moscova