karachai

karachai
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos karachai ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo karachai.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que se estableceu na rexión da actual República dos Karachais e os Cherkeses fuxindo das invasións dos mongois desde o s XIII. Vasalos dos príncipes kabardinos desde o s XVII, sometéronse á soberanía dos otomanos a comezos do s XVIII. Conquistados polo Imperio Ruso en 1828, os enfrontamentos prolongáronse durante o s XIX e orixinaron a fuxida da poboación cara ao Imperio Otomano no período 1860-1870.

  4. s m [LING]

    Lingua da familia turca do phylum altaico que se fala na Rusia europea.