Karachais e dos Cherkeses, República dos
República Federal de Rusia (14.100 km2; 433.500 h [estim 1999]). A súa capital é Čherkessk (120.000 h [1997]). Os karachais establecéronse no territorio da actual república cara ao s XIII, fronte o avance dos mongois. Anexionados militarmente polo Imperio Ruso en 1828, os enfrontamentos contra o goberno dos tsares prolongáronse durante o s XIX, mentres que a represión rusa provocou a fuxida de grandes grupos de poboación cara ao Imperio Otomano nas décadas de 1860 e 1870. Os cherkeses que buscaron a axuda dos tsares rusos contra os tártaros e as tribos turcas, foron sometidos definitivamante despois da conquista da rexión do Cáucaso polos rusos, cara a 1864. A rexión foi incluída inicialmente na República dos Pobos das Montañas (1921), pero en 1922 constituíuse na rexión autónoma de Karachai-Cherkes. Dividida de novo en 1924 entre a rexión autónoma de Karachai e a área nacional Cherkes, en 1943, durante o goberno de Stalin uníronse ambos territorios. Autoproclamada república en 1990, forma parte da Federación Rusa.