Karakalpaquistán

Karakalpaquistán

República Autónoma de Uzbekistán (164.900 hm2; 1.343.000 h [estim 1993]). A capital é Nukus. Sometida polos rusos a finais do s XIX, pasou o control dos soviéticos en 1920. Rexión Autónoma de Karakalpaquistán desde 1925, en 1932 converteuse en república autónoma. En 1936 foi transferida á República Socialista Soviética Uzbeca.