Karrer, Paul
Karrer, Paul
Bioquímico. Estudiou na universidade de Zúric, onde se doutorou en 1911. Xunto con outros autores, como Kuhn e Morris, estudiou a estrutura química e os efectos fisiolóxicos, profilácticos e terapéuticos dalgunhas vitaminas, como a E, C, B2 e A. Descubriu a estrutura molecular do caroteno (precursor da vitamina A), e despois a da mesma vitamina. En 1937 recibiu o Premio Nobel de Química xunto con W. N. Haworth, polas súas investigacións sobre carotenoides, flavinas e vitaminas A e B2.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Moscova -
Deceso
Lugar : Zúric