Karsh, Yousuf

Karsh, Yousuf

Fotógrafo. Especializado no retrato clásico, abriu o seu propio estudo en 1932 en Ottawa. Deses anos cómpre salientar os retratos de numerosos artistas e políticos, como Winston Churchill, D. H. Eisenhower, J. F. Kennedy, Ernest Hemingway e Fidel Castro, que lle deron recoñecemento internacional. Publicou a súa autobiografía In Search of Greatness e o libro Karsh: A Fifty Year Retrospective. Expuxo, entre outros museos, no MOMA de Nova York.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mardin, Turquía

  • Deceso

    Lugar : Boston