kashmirés -sa
kashmirés -sa
-
adx
Relativo ou pertencente a Kashmir ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Kashmir.
-
raza kashmiresa
[ZOOL]
Raza de cabras orixinarias do val de Kashmir. Moi resistente e prolífica, caracterízase pola ausencia de cornos e por ter un pelo longo, fino e sedoso, de cor branca ou marrón, que é moi apreciado na industria téxtil.