Kasparov, Garry Kimovich

Kasparov, Garry Kimovich

Xadrecista. Foi campión mundial xuvenil (1980) e conseguiu o título de campión da URSS (1981). En 1985 conseguiu o título mundial, en Moscova, ao gañar a Anatolij Karpov, contra quen defendeu vitoriosamente o título en 1986, 1987 e 1990. En 1994 e 1995 defendeu o título da Asociación Profesional de Xadrez, creada por el mesmo como escisión da Federación Internacional de Xadrez. En 1996 converteuse no primeiro campión mundial que xogou contra un ordenador (“Deep Blue”) nunha partida con control de tempos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bakú, Acerbaixán