Kautsky, Karl Johann
Kautsky, Karl Johann
Político e ideólogo alemán. Colaborador de Engels e Marx, difundiu en Alemaña a ideoloxía marxista e fundou o partido socialdemócrata (1880), e o seu voceiro Die Neue Zeit (1884). Defendeu o marxismo revolucionario fronte ao revisionismo de Berstein, aínda que evolucionou cara a posicións máis moderadas. Trala toma do poder por Hitler refuxiouse en Bohemia e despois en Amsterdam. Entre a súa obra teórica cómpre salientar As doutrinas económicas de Karl Marx (1887) e Concepción materialista da historia (1927).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Praga -
Deceso
Lugar : Amsterdam