Kazan’
Kazan’
Capital da República de Tatarstán, Rusia (1.090.000 h [2000]). É un importante porto fluvial e conta con industria de construción de máquinas, metalurxia e química. Trasladada no s XIV, máis ao NL, onde fora fundada un século antes polos mongois, no s XV foi capital dun khanato independente. No s XVI foi sometida por Iván IV ; de Rusia (1552). Desta época consérvase a cidade amurallada coa torre de chanzos de Sumbeki.