Keitel, Harvey

Keitel, Harvey

Actor cinematográfico. A finais da década de 1960 comezou a estudar no Actor’s Studio. Debutou no cine grazas á súa amizade con Martin Scorsese e, posteriormente, traballou con distintos directores como Robert Altman, Quentin Tarantino ou Jane Campion. Entre as películas nas que participou destacan Taxi Driver (1976), Il mondo nuovo (1982), Thelma and Louise (1991), Bad Lieutenant (1992), The Piano (1992) e To vlemma tou Odyssea (1995).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nova York