Keitel, Wilhelm von

Keitel, Wilhelm von

Militar alemán. Participou na Primeira Guerra Mundial como comandante de artillería. Xeneral en 1934, A. Hitler nomeouno xefe do mando supremo da Wehrmacht en 1938. Durante a Segunda Guerra Mundial foi o principal responsable da política militar alemá e ascendeu a mariscal. Asinou a rendición en Wehrmacht ante G. K. Žukov o 8 de maio de 1945. Xulgado por crimes contra a humanidade polo Tribunal Internacional de Nuremberg, morreu aforcado.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Helmscherode, Brunswick

  • Deceso

    Lugar : Nuremberg