Kentucky

Kentucky

Estado de EE UU (104.661 km2; 4.041.769 h [2000]). A capital é Frankfort (27.741 h [2000]). A súa economía baséase na agricultura e na gandería pero tamén conta con xacementos de carbón, petróleo e gas natural. Habitado polos algonquinos, o territorio foi colonizado na segunda metade do s XVIII e converteuse en Estado en 1792.