Kenzaburo, Oe
Kenzaburo, Oe
Escritor xaponés. Especialista en literatura francesa, a súa extensa obra sintetiza a tradición simbólico-mítica da literatura xaponesa co legado da filosofía e da literatura occidentais. Publicou novelas, das que cómpre salientar Unha cuestión persoal (1964), onde reflicte a súa experiencia cun fillo deficiente; Memushiri Kouchi (Premio Akutagawa para novos valores 1958), O berro silencioso (1967) e A torre do tratamento (1990), ademais de numerosos contos, ensaios, artigos e libros de viaxes. En 1994 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ose, Shikoku