kharixita

kharixita
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos kharixitas.

  2. s [RELIX]

    Membro dunha seita islámica que se orixinou antes do conflito provocado no Islam pola sucesión do califa ‘Utmān. A secta, rigorista, rexeitou a autoridade califal e elixiu democraticamente os seus líderes. Moi estendida entre os bérberes, fundou un reino con capital en Tahert. Actualmente, de entre os numerosos grupos nos que se fraccionou a secta, só se mantén o ibadita.

Palabras veciñas

khanti | Khantis e Mansis | Kharagpur | kharixita | Kharkiv | Kharkiv | Khartún