Khartún

Khartún

Capital de Sudán e da rexión homónima (924.505 h [1993]). A súa economía baséase na extracción de sal e industrias de fariña e aceite. Fundouna Mu ḥ ammad ‘Alī (1821) como campo militar. Despois da desfeita ocasionada polo sitio de 1884 e o traslado da capital mahdista a Umm Durmān, foi reconstruída por H.H. Kitchener (1898), e volveu ser capital de Sudán.