Khatami, Mu ammad
Khatami, Mu ammad
Político iraní. Estudiou Teoloxía en Qom e Esfahān. Tras dirixir o Centro Islámico de Hamburgo, regresou a Irán tralo triunfo da Revolución Islámica (1979). Foi ministro de Cultura e Orientación Islámica (1982-1992) e, tralas eleccións de 1997, converteuse en presidente. Desde este cargo intentou a liberalización política e social e a mellora das relacións con Occidente. Foi reelixido nas eleccións de 2001.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ardakan, Yazd