Khildeberto I de París
Khildeberto I de París
Rei franco de París (511-558), terceiro fillo de Clodoveo I e Clotilde. Trala morte do seu pai recibiu o territorio entre o Sena e o Loire, con París como capital. Xunto co seu irmán Clotario I, asasinou (530) os fillos do seu irmán Clodomiro I de Orléans (?-524), para apoderarse do seu reino. Posteriormente loitaron contra o rei visigodo Amalarico e conquistaron o reino dos burgundios. Ao morrer sen descendencia masculina, Clotario I apoderouse do seu reino.
Cronología
-
Deceso
Lugar : París