Khíos
Khíos
Illa do arquipélago das Espóradas Orientais e nomós de Grecia (904 Km2; 52.184 h [1991]). A súa capital é Khíos (24.070 h [1981]). Situada preto da costa de Asia menor, ten cultivos importantes de viña e de froita. Colonizada polos xónicos no II milenio, mantívose independente cara ao s VI a C. Contraria de Atenas, aliouse posteriormente e formou parte da Segunga Liga Marítima (378 a C). Posesión romana, tivo unha grande importancia comercial e foi disputada na Idade Media por Xénova e Venecia, ata que os turcos a ocuparon en 1566. No s XIX foi un dos centros máis destacados do movemento nacionalista helénico e pasou a formar parte de Grecia en 1912.