khmer

khmer
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos khmer ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo khmer.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo asiático que constitúe o estrato de poboación máis antiga e numeroso de Camboxa. Orixinarios de India, chegaron por mar á península de Indochina arredor do s I. Formaron un importante reino no curso baixo do río Mekong, que introduciu o hinduísmo e, posteriormente, o budismo. As artes de India influíron fortemente na realeza mon-khmer. As realizacións khmer acadaron o seu punto máximo entre os ss IX e XII coa construción da capital do reino, Angkor, e os templos de Bayon e de Angkor-Vat. A cultura khmer iniciou a súa decadencia no s XIV cando irromperon no país os thais procedentes de China. A partir deste momento no pobo khmer mesturáronse elementos hindús, chineses e dos antigos khmer.

  4. s m [LING]

    Lingua do grupo mon-khmer do phylum áustrico. Falada en Camboxa, só se conservan inscricións do s VIII. O alfabeto khmer orixinou os alfabetos siamés e laosiano e a súa escritura deriva da de India meridional.