Jackson, Michael Joseph

Jackson, Michael Joseph

Cantante estadounidense de pop-rock. Coñecido como Michael Jackson, deuse a coñecer co grupo Jackson Five. Converteuse, na década de 1980, nunha das figuras mundiais da música xuvenil. Gravou, entre outros, os discos Thriller (1982), con máis de 40 millóns de copias vendidas, Bad (1987), Dangerous (1991), History (1995) e Unbreakable (2001). Morreu no ano 2009 dun paro cardiaco aos 50 anos na súa casa de Bel Air en Florida.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gary, Indiana

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles