Jaén
Capital da provincia homónima, Andalucía, drenada polo río Guadalbullón (112.590 h [2001]). É o principal mercado de aceite de oliva da Península Ibérica, centro da área comercial máis importante do Alto Guadalquivir. Semella corresponder coa antiga Aungi. Conquistada polos musulmáns, dependeu do Califato de Córdoba e, posteriormente, da Taifa de Sevilla e de Granada. En 1246 Mu ḥ ammad ibn al’A ḥ mar cedeulla a Fernando III o Santo por un pacto de vasalaxe. Deprimida económica e demograficamente a partir do s XIX, en 1953 foi obxecto dun plan de desenvolvemento. Do seu patrimonio cultural destacan os baños árabes no hospital de San Juan de Dios, o castelo de Santa Catalina (ss XIII-XIV) e a catedral da Asunción, do s XVI con ampliacións dos ss XVII e XVIII, declarados todos eles Ben de Interese Cultural en 1931.