Jaén
Provincia da Comunidad Autónoma de Andalucía (13.498 km2; 643.820 h [2001]). A súa capital é Jaén. Comprendida entre Sierra Morena, ao N, e o Sistema Subbético (serras de Montanilla, Cazorla e de Segura), ao S, o seu territorio está drenado pola conca do Guadalquivir, que ocupa o val intramontano situado entre ambas as dúas aliñacións. O principal recurso económico é a explotación das olivas. A súa rede urbana caracterízase pola macrocefalia da capital. O segundo núcleo na xerarquía de asentamentos é a cidade de Linares, que ten a metade de poboación que a capital (57.578 h [2001]). No seguinte nivel existen un par de cidades medias: Andújar (36.455 h [2001]) e Úbeda (32.926 h [2001]). Nun plano inferior están cidades pequenas como Martos (22.356 h [2001]), Bailén (17.593 h [2001]), Baeza (15.091 h [2001]) e La Carolina (14.780 h [2001]).