Jagger, Michael Philip

Jagger, Michael Philip

Cantante de rock británico. Coñecido como Mick Jagger, en 1962 creou, xunto con Bill Wyman, Brian Jones, Keith Richards e Charlie Watts, o grupo The Rolling Stones, co que obtivo un grande éxito no mundo musical, con máis de trinta millóns de discos vendidos ao longo da súa carreira. Dos moitos temas que fixeron del un auténtico mito do rock and roll destaca Satisfaction (1965).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dartford