Johan de Gaia, escudeiro

Johan de Gaia, escudeiro

Escudeiro portugués. Pertenceu á liñaxe de Maia. Nas rúbricas atributivas do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, aparece co título de “escudeyro”. Figura en Livros de Linhagens como “Johan Estevez de Gaia”, fillo de Estevan Anes e de Tareyia Migees, neto de Johan Anes. Aparece documentado nunha doazón (1287) e nunha herdanza (1319). Activo no último cuarto do s XIII e primeira metade do XIV (1287-1319?) na corte do conde de Barcelos, relacionouse con trobadores como Estevan da Guarda e Johan Fernandez d’Ardeleiro. A xulgar polas referencias históricas contidas nas súas cantigas, debeu estar en Lisboa desde finais do s XIII. Consérvanse 7 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 4 cantigas de amor e 3 escarnios persoais, que se caracterizan pola súa variedade de formas métricas, estróficas e rítmicas, e polo emprego dunha técnica compositiva baseada nos recursos da intertextualidade, que practicou na modalidade do versus cum autoritate e do contrafactum.

Cronología

  • Deceso