Josep

Josep

Trobador portugués (Estremadura portuguesa ou Lisboa) de orixe xudaica. Activo entre finais do s XIII e comezos do s XIV, estivo vinculado á corte de don Denís. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana só lle atribúen unha tenzón con Estevan da Guarda; as lagoas que presenta este texto, xunto á complexidade do léxico administrativo-fiscal, fan que sexa difícil descifrar a carga irónica e mordaz da disputa.

Cronología

  • Deceso

    Lugar :  XIV