Júcar

Júcar

Río da Península Ibérica que nace en Ojuelos de Valdemiguete, preto do cerro de San Felipe, a 1.506 m de altitude, en Castela-A Mancha. Atravesa a serranía de Cuenca con dirección N-S e formando grandes gorxas ata chegar á provincia de Albacete onde, con dirección O-L discorre encaixado en calizas terciarias. Desemboca no Mar Mediterráneo, a altura de Cullera (València). Ao longo da súa traxectoria está represado en diversos encoros como o de Alarcón, para a fabricación de electricidade e abastecemento de auga dos regadíos valencianos. Cunha conca de 22.100 km2 , unha lonxitude de 535 km e un caudal medio de 60 m3/s , é o río máis grande da Comunitat Valenciana.