Jud, Jakob

Jud, Jakob

Romanista suízo. Colaborou con Karl Jaberg na elaboración do Sprachund Sachatlas Italiens und der Südschweiz (Atlas lingüístico e etnográfico da Italia e da Suíza meridional, 1928-1940), que inaugurou unha nova época da xeografía lingüística. Interesouse, sobre todo, polas relacións entre lingua e cultura e entre as palabras e as cousas. Tamén publicou Romanische Sprachgestchichte und Sprachgeographie (Historia das linguas románicas e xeografía lingüística, 1973).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Wängi, Thurgau

  • Deceso

    Lugar : Rütli, Uri