Juhász, Ferenc
Juhász, Ferenc
Poeta húngaro. Iniciouse na década de 1940 con obras caracterizadas por unha reelaboración moi persoal da poesía folclórica. Na década de 1950 os seus poemas adquiriron tons meditativos e filosóficos, dos que cómpre destacar Tékozló ország (O país pródigo, 1954), A Nap és a Hold elrablása (O rapto do Sol e da Lúa, 1954), A virágok hatalma (O poder das flores, 1955), A halottak királya (O rei dos mortos, 1971) e Csikóellés (O nacemento dun poldro, 1978).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bia