Julio Camba, Premio Nacional de Periodismo

Julio Camba, Premio Nacional de Periodismo

Premio convocado e organizado anualmente por Caixanova, dirixido a aqueles xornalistas e autores que publican artigos na prensa española. O primeiro galardoado foi Gonzalo Fernández de la Mora, cun artigo titulado “El prosista puro”, publicado no diario madrileño ABC o 28 de xullo de 1980. En cada convocatoria adoitan outorgarse, amais dos premios oficiais, algún accésit ás mellores reportaxes e premios especiais do xurado. Entre os autores premiados figuran escritores e xornalistas como Isaac Otero, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, J. L. Martín Descalzo, Borobó, Mariano Tudela, Xesús A. Montero, X. Ferro Ruibal, Torcuato Luca de Tena, X. Neira Vilas, Carlos Casares e Diego Bernal.

Palabras veciñas

Juliá, Eugenio | Juliaca | Julio Antonio | Julio Camba, Premio Nacional de Periodismo | Julio Prieto Nespereira, Fundación | Julio Prieto Nespereira, Premio | Jullundur