Julio Prieto Nespereira, Premio

Julio Prieto Nespereira, Premio

Premio de gravado convocado na Bienal Internacional de Gravado organizada por Caixanova desde 1991, en memoria do gravador Xulio Prieto Nespereira. O xurado -formado por académicos pertencentes ás diversas academias de belas artes, gravadores e críticos especializados- outorga tres premios (medallas de ouro, prata e bronce) e cinco mencións honoríficas. Ás obras presentadas polos participantes engádense as de artistas nacionais e internacionais invitados.