Jung, Carl-Gustav

Jung, Carl-Gustav

Psicólogo e psiquiatra suízo. Colaborou con S. Freud ata que, por diverxencias teóricas, se separaron. Ensinou en Zúric e Basilea. As súas principais contribucións no campo da psicoloxía profunda son a relación da libido co conxunto da enerxía vital da psique; a distinción entre o inconsciente individual e o colectivo; a distinción entre un tipo de conduta extravertida e unha introvertida. Escribiu Wandlungen und Symbole der Libido (Mutacións e símbolos da libido, 1912), Die Beziehungen zwischen dem Ich und dem Unbewussten (Relacións entre o eu e o inconsciente, 1928), Symbolik des Geistes (Simboloxía do espírito, 1948) e Aion, Untersuchungen zur Symbolgeschichte (Eón, pesquisas na historia dos símbolos, 1951).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Kesswil, Thurgau

  • Deceso

    Lugar : Küsnacht, Zúric