Juntas Militares de Defensa
Juntas Militares de Defensa
Organizacións creadas en 1916 por membros de infantería do exército español, para a defensa dos seus intereses profesionais. En 1917 o goberno ordenou a súa disolución e a detención dos seus dirixentes. Un ultimato obrigou a M. García Prieto a liberar os presos (2 de xuño) e, finalmente, a dimitir (9 de xuño). Posteriormente, a súa forza hipotecou a autoridade dos gobernos constitucionais ata que a situación desembocou no golpe de estado de M. Primo de Rivera.