Juste
Juste
Familia de escultores de orixe florentina. Activos en Francia durante o s XVI, estiveron ao servizo de Luís XII, Francisco I e da alta nobreza. Antoine Juste (Cabignano, Toscana 1479-Tours 1519) traballou na capela do cardeal de Amboise no Château Gaillon (1508-1509), e nos baixorrelevos do sepulcro de Luís XII e Ana de Bretaña (1514), onde tamén traballaron o seu irmán Jean (I) Juste (San Martino a Mensola, Toscana 1485-Tours 1549) e o seu fillo Juste de Juste (Tours 1505-1559), que tamén decorou a galería de Ulysse Fontainebleau. Jean (II) Juste (Tours 1510-1579), fillo de Jean (I), esculpiu en Oiron (Poitou) os sepulcros de Claude Gouffier e a súa dona Jacqueline de la Trémoille.