Justiciero, El

Justiciero, El

Publicación de tendencia conservadora aparecida en Pontevedra a partir de 1854. Subtitulouse “Periódico político, literario, económico e industrial”. Editado por Ulpiano Moar, imprimiuse nos obradoiros tipográficos dos herdeiros de Verea. Incluíu, sobre todo, artigos de crítica política contra a acción do goberno estatal.