hipopótamo
hipopótamo
(
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero artiodáctilo da suborde dos suiformes, que pode acadar 4,5 m de longo, 1,65 m de alto e 4,5 toneladas de peso, de pel grosa e núa, cabeza e boca enormes e patas curtas, coas orellas, os ollos e os orificios nasais en posición periscópica no plano superior da cabeza. Habita nos lagos, ríos e terreos pantanosos de África, desde o S do Sáhara ata o extremo meridional do continente.
-
hipopótamo anano
[ANIMAL]
Mamífero artirodáctilo da suborde dos suiformes que pode acadar 1,75 m de lonxitude, 1 m de altura e 240 kg de peso. Presenta formas redondeadas e ten as patas relativamente delgadas. É solitario, de hábitat forestal e de costumes nocturnos. Habita en Serra Leona, en Nixeria e na Costa de Marfil.