Hornachos
Hornachos
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, en Tierra de Barros (3.784 h [2001]). A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente no cultivo da oliveira e na cría de gando ovino e porcino. Fundada en época romana, incorporouse aos dominios da orde de Santiago en 1234. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Purísima Concepción, declarada Ben de Interese Cultural (1990), o convento de San Ildefonso (s XVI) e a ermida de San Roque (s XV).