Hornachuelos
Hornachuelos
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira setentrional do río Guadalquivir e ao pé de Sierra Morena (4.687 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario, principalmente na agricultura, a gandería e a explotación mineira de hulla e lignito. A industria é artesanal. Do seu patrimonio cultural destacan o xardín de Moratalla e a igrexa mudéxar de Santa María de las Flores, declarados Ben de Interese Cultural en 1983 e 2002, respectivamente.