hormona
(
-
s
f
[BIOQ]
Substancia orgánica de diversa natureza de acción inhibidora ou activadora, específica da función de determinados tecidos. Son producidas en pequenas cantidades polas glándulas e segregadas ao medio interno a través do torrente sanguíneo (en animais) ou do zume (en vexetais). As hormonas actúan regulando a actividade dos órganos ou tecidos, sobre o metabolismo duha substancia ou ben interveñen no crecemento ou na diferenciación. Constitúen un sistema de regulación que, xunto coa regulación nerviosa e en relación con ela, mantén o complexo equilibrio que representa as moitas relacións que existen dentro dun organismo formado por moitas células e órganos. Segundo a natureza química das hormonas, pódense clasificar en tres grupos: as hormonas esteroides, as derivadas de aminoácidos e as peptídicas. Nos invertebrados atópanse hormonas que interveñen no crecemento, a metamorfose, a reprodución, etc. Nos cefalópodos e os crustáceos hai hormonas que producen cambios de cor. Nos insectos foron descritas as feromonas. Atendendo á súa importancia, cómpre mencionar tamén as fitohormonas.
- hormona vexetal [BIOQ]