Ii, sistema

Ii, sistema
[BIOL]

Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos baseado na presenza dun antíxeno evidenciado en eritrocitos humanos polos anticorpos designados por anti-I e anti-i, os que só son funcionais por debaixo da temperatura corporal humana. O antíxeno I preséntase en case todos os humanos adultos, e o i, desagregado en ii e i2; o ii é raro nos brancos e o i2 nos negros. Os neonatos son i, pero ao cabo de 18 meses tórnanse I. A función dos antíxenos deste sistema está mal coñecida.

Palabras veciñas

Igüeña | Iguereta Zuarnabazo, Sebastián de | IHS | Ii, sistema | IIL | Ijssel | Ijssel