IIL

IIL
[FÍS]

Familia de circuítos lóxicos baseados no transistor bipolar. O circuíto consiste en tres transistores npn multicolectores, cos terminais colectores conectados para formar unha porta I. Os multicolectores permiten obter funcións lóxicas intermedias. Presenta unha densidade de integración moi alta, cun consumo moito menor ca os circuítos TTL. Hai variantes melloradas, como a Integrated Schottky Logic e a Schottky Transistor Logic, que utilizan díodos Schottky.